O tenis feminino volverá a darse cita en Ourense no IV Torneo Internacional W50

OurenseXa
Deportistas de 22 países daranse cita o 18 de agosto no Club Santo Domingo de Ourense
Presentación do IV Torneo Internacional Feminino de Ourense W50
6 Ago 2024

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a presentación do IV Torneo Internacional Feminino de Ourense W50, incluído no calendario ITF Women´World Tennis Tour, que se disputará do 11 ao 18 de agosto nas pistas da cidade deportiva do Club Santo Domingo de Ourense.

Na competición daranse cita deportistas de máis de 22 países, entre as que cabe destacar a Valentina Ryser de Suiza, Amandine Hesse de Francia e Ankita Raina da India. Tamén estará a recente campioa galega Celia Cerviño Ruiz, que tamén participou esta mañá no acto de presentación deste torneo.

O torneo ourensán, nesta cuarta edición ascende á categoría W50, tras 3 edicións como W25, e repartirá 40.000 dólares en premios e outorgará 50 puntos WTA para a campioa.

0.06830096244812