O Torneo de Xadrez Activo A Valenzá regresa este sábado á Casa da Mocidade de Barbadás

OurenseXa
O torneo contará con categorías Sub 08, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, ademais de seccións para adultos e veteranos
xadrez
2 Jun 2026

A Casa da Mocidade de Barbadás será o escenario este sábado 6 de xuño, a partir das 16:00 horas, do Torneo de Xadrez Activo A Valenzá 2026, unha xornada dedicada á competición e á estratexia aberta a xogadores de distintas idades.

O torneo contará con categorías Sub 08, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, ademais de seccións para adultos e veteranos. No caso da categoría de adultos, a proba será válida para Elo FIDE de partidas rápidas.

A competición disputarase cun ritmo de xogo de 15 minutos máis 3 segundos por movemento. Poderán participar xogadores federados con licenza en vigor, cun límite máximo de 70 prazas dispoñibles.

As inscricións permanecerán abertas ata o xoves 4 de xuño ás 24:00 horas e deberán realizarse a través do correo electrónico xadrezasburgas@gmail.com.

0.1152811050415