O transporte público na cidade de Ourense será gratuíto durante toda a semana

OurenseXa
A experiencia servirá como unha proba piloto da gratuidade do servizo, que o goberno municipal quere implantar proximamente na cidade
autobuses-urbanos-concello-ourense
15 sep 2024

Os autobuses urbanos do Concello de Ourense serán gratuítos durante toda a vindeira semana. A partir de mañá, 16 de setembro, e ata o domingo 22, o Concello pon a disposición dos usuarios o transporte público gratuito con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade.

O goberno municipal amplía así a unha semana de duración esta experiencia de gratuidade dos autobuses, que xa se levara a cabo durante un día en edicións anteriores da Semana Europea da Mobilidade.

Con esta medida preténdese fomentar o uso do transporte público entre a cidadanía ourensá, xa que todas as persoas que o desexen poderán viaxar de balde en calquera das liñas que forman a rede regular do transporte urbano de Ourense. A experiencia tamén servirá como unha proba piloto da gratuidade do servizo, que o goberno municipal quere implantar proximamente na cidade.

0.075387954711914