O último dos Roteiros Temáticos de Allariz de 2024 terá lugar o vindeiro domingo
OurenseXa
Nesta ocasión, os asistentes poderán coñecer mellor os museos de Allariz
Museo da Moda de Allariz
2 Dec 2024
O vindeiro domingo, 14 de decembro, terá lugar o último dos Roteiros Temáticos de Allariz de este 2024, que levará aos participantes a coñecer mellor os museos da vila: O Museo do Coiro, o Museo Galego do Xoguete e o Museo da Moda de Allariz.
O roteiro partirá ás 17.00 horas dende a Oficina de Información de Allariz, e fará un percorrido por estes tres lugares de inmenso valor para a vila de Allariz e para a provincia de Ourense no seu conxunto.
Este será o último dos nove roteiros temáticos que o Concello ofreceu durante este ano para coñecer Allariz, explorando a súa historia e cultura de maneira entretida e enriquecedora.