O Verán Cultural de Seixalbo continúa en agosto cun programa de actividades culturais, deportivas e de convivencia

O programa do Verán Cultural de Seixalbo 2026 manterá durante o mes de agosto a súa programación, unha iniciativa que comezou no mes de xuño e que se estenderá ata setembro con actividades culturais, deportivas, formativas e de convivencia dirixidas a diferentes públicos.
Antes das propostas previstas para agosto, o calendario inclúe unha viaxe cultural ás Illas Atlánticas, concretamente á Illa de Ons, que terá lugar o sábado 18 de xullo. A saída está prevista ás 08.45 horas desde a Praza Barreiros.
A programación de agosto dará comezo o venres 7 ás 22.30 horas no Auditorio de Penouzos coa proxección da película “Salta!!!”, de Olga Osorio.
A seguinte cita será o sábado 22 de agosto, ás 10.30 horas, cun obradoiro de batucada impartido por Juan Jesús Gómez no Auditorio de Penouzos.
O martes 25 de agosto, ás 20.00 horas, o Estadio do Carqueixal acollerá o partido de fútbol correspondente ao Trofeo Vila de Seixalbo, no que se enfrontarán o CD Seixalbo e o Antela FC.
A programación continuará durante o mes de setembro con novas actividades. O venres 4, ás 20.00 horas no Auditorio de Penouzos, celebrarase unha xornada de convivencia intercultural.
O mércores 9, ás 17.30 horas no local da AVV, terá lugar unha proposta de talleres familiares para nenos e adultos. O domingo 13, ás 09.30 horas no Parque da Infesta, desenvolverase unha andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos.
O martes 15 de setembro, ás 20.00 horas no local da AVV, está prevista unha charla sobre hixiene bucal impartida polo SERGAS.
As últimas actividades do Verán Cultural de Seixalbo serán unha ruta de cicloturismo familiar o domingo 20 de setembro ás 11.00 horas no Parque da Infesta; a representación teatral “Só ante o perigo” o sábado 26 ás 22.00 horas no Auditorio de Penouzos; e o concerto de clausura, a cargo de Cantigas de Seixo e Trovare, o domingo 27 de setembro ás 19.30 horas na Igrexa de San Breixo.