O XIII Tangaraño Cultural de Sobradelo celebrarase o vindeiro 30 de maio

O XIII Tangaraño Cultural de Sobradelo celebrarase o vindeiro 30 de maio de 2026, cunha xornada completa de actividades culturais, música e propostas para todos os públicos. O evento, xa consolidado no calendario cultural da zona, ofrecerá unha programación continua desde o mediodía ata a madrugada, combinando artes escénicas, literatura, cinema e música en directo.
O Tangaraño Cultural de Sobradelo desenvolverase ao longo de todo o día cun ambiente festivo no que non faltarán xogos populares, artistas debuxando en vivo e un mercadiño aberto durante toda a xornada.
A programación comezará ás 12:00 horas con A Tribu, seguido ás 13:00 horas pola participación de As Comadres das Letras e María A. Ladesa. Ás 14:00 horas proxectarase o curtametraxe de Bocixa Rei [S/t].
Pola tarde, ás 16:30 horas, será a quenda de Armando González + Xurxo Nóvoa, seguido ás 17:30 horas por As da chispa. Ás 18:30 horas actuará Andrés Fernández, mentres que ás 19:30 horas será o momento de Ad livitum + Vanessa Hensel.
A música continuará ás 20:30 horas con Cana Verde e ás 21:30 horas con Roberto Sobrado Grupo. A xornada pecharase ás 23:00 horas coa actuación de Maskarpone.