O Ximnasio de Verea pecha a tempada cunha xornada lúdica inspirada no Grand Prix

OurenseXa
Os participantes despediron o curso cunha competición por equipos, probas, convivencia e unha celebración final para repoñer forzas
grand-prix-ximnasio-verea
4 Jul 2026

O Ximnasio de Verea puxo fin á tempada cunha actividade especial de despedida na que os participantes tomaron parte nunha competición inspirada no Grand Prix.

A xornada desenvolveuse arredor dun formato por equipos, dividido entre os grupos azul e amarelo, que tiveron que afrontar diferentes probas ao longo da actividade nun ambiente marcado polo humor e a participación.

Tras o desenvolvemento dos distintos retos, e entre a rivalidade propia da competición, o equipo azul acabou proclamándose vencedor da xornada e fíxose co trofeo final, mentres que o equipo amarelo recibiu unha vaquilla como premio de consolación.

Unha vez rematada a competición, os asistentes compartiron un momento de convivencia para recuperar enerxías e pechar a tempada nun ambiente festivo.

Desde o Concello agradecen a participación de todas as persoas que formaron parte das actividades ao longo do curso, expresando tamén o desexo de manter esa implicación nos próximos anos e andan a anotarse para a vindeira tempada, que retomará as atividades no mes de setembro.

A despedida serviu tamén para trasladar un recoñecemento especial á persoa encargada das sesións e da organización da actividade de peche de curso polo seu traballo durante a tempada.

0.12585401535034