O Ximnasio Estudio A Valenzá representou a Ourense no Stage mundial de Nihon Tai Jitsu celebrado en Casablanca

OurenseXa
O monitor José Manuel Fernández participou no encontro internacional no que se actualizaron técnicas e criterios pedagóxicos de defensa persoal
Stage mundial de Nihon Tai Jitsu
Stage mundial de Nihon Tai Jitsu
6 May 2025

Estes días tivo lugar en Casablanca (Marrocos) o Stage anual da Federación Mundial de Nihon Tai Jitsu, unha arte marcial especializada en defensa persoal. O evento, organizado nesta ocasión pola federación marroquí, reuniu delegacións de numerosos países para compartir técnicas, unificar criterios e actualizar sistemas de ensino a nivel internacional.

O Ximnasio Estudio A Valenzá volveu estar presente nesta importante cita, tal e como xa fixera na edición anterior celebrada en Porto (Portugal). Nesta ocasión, o monitor do club, José Manuel Fernández, foi o encargado de desprazarse ata Casablanca en representación do centro deportivo.

A participación no Stage serviu para reforzar e perfeccionar os coñecementos en defensa persoal e Nihon Tai Jitsu, que se aplicarán nos cursos que o club impartirá ao longo do ano, así como na preparación dos exames de grao.

Durante o encontro tamén tivo lugar a reunión anual da Federación Mundial de Nihon Tai Jitsu, na que se acordou que Francia será o país encargado de organizar este evento no ano 2026.

⚙ Configurar cookies
0.15644502639771