Oficialízase o cesamento de Daniel Rey como primeiro tenente de alcalde en Barbadás, con efectos do 28 de setembro

OurenseXa
O Concello retira tamén as competencias delegadas e a retribución asociada ao cargo
xose-carlos-valcarcel-daniel-rey
Imaxe de arquivo
15 Oct 2026

O Concello de Barbadás formalizou o cesamento de Daniel Rey López como primeiro tenente de alcalde do Concello. A decisión, adoptada mediante resolución da Alcaldía, implica ademais a retirada de todas as competencias que tiña delegadas o edil e a supresión da retribución que levaba aparellada ese cargo.

Segundo consta na resolución publicada recentemente, o cesamento fíxose efectivo ás 14.30 horas do 28 de setembro de 2026, data a partir da cal deixaron de xurdir efecto tanto as funcións delegadas en Rey López como a súa condición de primeiro tenente de alcalde.

O documento precisa que a retirada da retribución vinculada á Tenencia de Alcaldía se produce, segundo se indica expresamente, "en virtude da renuncia efectuada" polo propio concelleiro, o que apunta a que foi o propio Daniel Rey quen deu o paso de apartarse das funcións que viña desempeñando dentro do equipo de goberno local.

A resolución, asinada pola Alcaldía de Barbadás, non detalla os motivos de fondo que levaron a este movemento, limitándose a deixar constancia formal dos tres aspectos afectados: a revogación de competencias, o cesamento do cargo de primeiro tenente de alcalde e a retirada da retribución correspondente, todo iso coa mesma data e hora de efectos.

0.17276692390442