Oito centros ourensáns participan no programa Erasmus+

OurenseXa
En total, en Galicia hay 64 centros educativos que contan coa acreditación Erasmus+, que supón un recoñecemento polas súas accións de mobilidade internacional
IES As Lagoas, Ourense
IES As Lagoas, Ourense
25 Maio 2024

A Xunta de Galicia recoñece a labor dos 64 centros educativos (56 colexios e institutos e oito centros de adultos) que contan con acreditación Erasmus+ nos sectores de Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas polas súas accións de mobilidade internacional.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, concedeulles esta semana o recoñecemento por parte do Goberno autonómico pola súa contribución á excelencia do sistema educativo galego a través de proxecto de mobilidade internacional os países membros da Unión Europea.

Trátase  dun “carné de socio” que deben ter os centros para asegurar o financiamento de actividades ata 2027. Cómpre lembrar o estes centros recibiron máis de 2,2 millións de euros para este programa entre 2021 e 2023.

En palabras de Román Rodríguez, ademais dunha experiencia persoal e académica, “a experiencia Erasmus é un investimento en desenvolvemento profesional que moitas empresas destacan á hora de seleccionar persoal”. Nesta liña, o conselleiro comprometeuse a “seguir tecendo redes fortes no ámbito europeo e internacional” a través deste modelo.

Oito centros ourensáns contan con este recoñecemento

Na provincia de Ourense xa hai oito centros educativos adscritos ao programa Erasmus+, dos cales catro atópanse na cidade. Trátase do CEIP Mestre Vide, o CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, o EOI de Ourense e o IES Aș Lagoas. A eles súmanselle, dentro da comarca, o IES de Allariz e o CPR Plurilingüe Guillelme Brown, en Nogueira de Ramuín. No marco da provincia hai que engadir ao IES Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras e o IES Xesús Taboada Chivite, en Verín.

Retos de futuro

O Erasmus+ arrancou en 2014 como un programa para xerar oportunidades de mobilidade e cooperación en materia de educación a través de distintas actividades como a aprendizaxe por observación, estadías e cursos de formación.

Nos vindeiros anos o programa ten o reto de avanzar na inclusión, a accesibilidade e a sustentabilidade con obxectivos centrados no apoio á transición dixital na educación coa creación do Espazo Europeo de Educación.

 

0.20619702339172