Organizan en Baños de Molgas unha charla informativa sobre o coidado do solo pélvico

O Concello de Baños de Molgas colabora na organización dunha charla centrada na saúde do solo pélvico, unha actividade divulgativa que estará impartida pola fisioterapeuta e veciña Ana Rodrigues.
A sesión ten como obxectivo achegar información práctica sobre a importancia do coidado desta zona do corpo, ofrecendo pautas orientadas ao seu fortalecemento e á prevención de problemas como a incontinencia urinaria ou os prolapsos, co fin de contribuír á mellora da calidade de vida das participantes.
A actividade celebrarase el venres, 26 de xuño, ás 18:00 horas, no centro de saúde de Baños de Molgas. A entrada será libre ata completar aforo.
Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do teléfono 633 796 140.