Organizan en Maceda un obradoiro ambiental centrado na conservación das cegoñas e o cambio climático

OurenseXa
A actividade, gratuíta e aberta a diferentes idades, combinará accións de limpeza, construción colectiva e sensibilización ambiental
obradoiro-vilardecas-maceda
21 Jul 2026

A parroquia de Vilardecás, no concello de Maceda, será escenario o vindeiro xoves 23 de xullo dun obradoiro ambiental dedicado á conservación das cegoñas e á concienciación sobre os efectos do cambio climático nas aves migratorias.

A actividade desenvolverase entre as 18.00 e as 20.00 horas e está dirixida a mulleres, nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, así como a persoas maiores.

O programa inclúe a limpeza da contorna do niño das cegoñas, a construción colectiva dun niño simbólico a tamaño real utilizando materiais naturais e unha sesión de sensibilización sobre o impacto que o cambio climático ten nas especies migratorias.

A participación é gratuíta e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do teléfono 678 079 535 ou do correo electrónico amigasdascegonas@gmail.com.

0.14038896560669