Organizan en Ourense un debate sobre o futuro político da cidade

OurenseXa
Será o luns, baixo o título “É posible recuperar Ourense pola esquerda? Propostas para un cambio na cidade”, e contará coa participación da portavoz de Movemento Sumar Galicia
debate-oulab-sumar-ourense
10 Jun 2026

O laboratorio de ideas Ourense Policy Lab (OULAB) celebrará o vindeiro luns 15 de xuño o seu primeiro debate público, unha mesa de análise centrada no futuro político da cidade que leva por título “É posible recuperar Ourense pola esquerda? Propostas para un cambio na cidade”.

OULAB preséntase como un espazo de pensamento independente orientado ao estudo rigoroso dos retos da cidade e da provincia, con especial atención a cuestións como a gobernanza, a economía, o territorio, a cultura e o futuro de Ourense. Segundo os seus promotores, o obxectivo é fomentar unha discusión pública estruturada e afastada de adscricións partidarias.

O encontro reunirá diferentes perfís do ámbito académico, social e activista co fin de abordar os desafíos e oportunidades das opcións progresistas na cidade.

A mesa contará coa participación de Verónica Barbero, portavoz de Movemento Sumar Galicia, así como de Xabier Vázquez, enxeñeiro informático e integrante de Ourense Mellor; Sandra Armesto Baztán, doutora en Bioloxía e activista; David Alvarado, profesor de Ciencia Política da Universidade de Vigo; e Francisco Diéguez, profesor e activista social.

O debate celebrarase no Liceo de Ourense, na rúa Lamas Carvajal, 5, a partir das 20.15 horas.

0.11236500740051