Os 92 concellos da provincia de Ourense adaptaranse ao novo sistema de padrón en tempo real do INE

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A finalización dos traballos está prevista para o 30 de setembro, e contempla a adaptación de todos os padróns da provincia á nova normativa, aos sistemas do INE e do Catastro
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
19 Feb 2025

A Deputación de Ourense vén de iniciar os traballos para adaptar os padróns dos 92 municipios da provincia (incluído o da cidade) ao novo sistema en tempo real que está implantando o Instituto Nacional de Estadística (INE) e que será de obrigado cumprimento para todos os concellos.

Segundo as previsións que manexa a Área de Transparencia da Deputación de Ourense, a finalización destes traballo está prevista para o 30 de setembro e, para elo, a institución provincial xa estableceu contacto con todos os concellos da provincia informándolles da situación e solicitando a súa colaboración.

A Deputación, reforza así, a cooperación cos concellos da provincia cunha nova vía de colaboración que reportará importantes beneficios para a cidadanía e para as propias institucións como son: a posibilidade de coñecer a evolución da poboación con maior frecuencia, a implantación dunha base de datos de fogares ou convivintes diferenciada da base de datos de persoas, dispoñer de información territorial unificada de referencia ou ofrecer servizos homoxéneos aos cidadáns.

Segundo os datos actualizados do INE en 2024, a poboación total da provincia de Ourense é de 304.467 persoas, contabilizándose 273.762 vivendas e 134.592 fogares, dos que 56.760 carecen de CIV (código de identificación vía INE) e 32.528 teñen diferentes direccións padroal e catastral.

Reforzo da cooperación provincial co “Padrón OnLine”

Logo de ser unha das entidades beneficiarias da convocatoria de proxectos de transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais, convocada polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Deputación de Ourense logrou unha axuda de 1.336.772,66 euros para levar a cabo o seu proxecto “Padrón OnLine” para a modernización do padrón de habitantes de todos os concellos da provincia de Ourense. Trátase dun novo sistema de xestión do padrón municipal que permitirá o intercambio de información, en tempo real, entre os padróns de cada municipio da provincia e entre os propios padróns municipais e o Instituto Nacional de Estatística.

A Deputación, reforza así, a cooperación cos concellos da provincia cunha nova vía de colaboración que reportará importantes beneficios para a cidadanía e para as propias institucións como son: a posibilidade de coñecer a evolución da poboación con maior frecuencia, a implantación dunha base de datos de fogares ou convivintes diferenciada da base de datos de persoas, dispoñer de información territorial unificada de referencia, ou ofrecer servizos homoxéneos aos cidadáns e dispoñer dun aplicativo de xestión gratuito ao longo dos vindeiros 3 anos..

0.17317795753479