O alumnado do CEIP Irmáns Villar maniféstase contra a falta de prazas no Otero Pedrayo

OurenseXa
Os alumnos do CEIP Irmáns Villar manifestáronse esta mañá para reclamar unha solución ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo para o próximo curso
Os alumnos de CEIP Irmáns Villar maniféstanse ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo
Os alumnos de CEIP Irmáns Villar maniféstanse ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo
15 May 2024

Continúan as protestas no CEIP Irmáns Villar tras coñecerse que once alumnos deste centro quedarán sen praza para o próximo curso no IES Otero Pedrayo, o seu centro adscrito para comezar os seus estudos de bacharelato.

A primeira hora da mañá, estudantes e pais concentráronse nas portas do colexio para comezar unha protesta que rematou ás portas do instituto Otero Pedrayo. Baixo o lema "¡Xefatura, dimisión! Irmáns Vilar, admisión!", os rapaces e as rapazas percorreron a cidade para esixir unha solución que non deixe fora a ningún estudante.

Dende a ANPA do CEIP Irmáns Villar critican a falta de planificación da Xefatura Territorial de Educación e, por iso, aseguran que continuarán coas súas para esixir que os once rapaces do centro sean admitidos no seu instituto de referencia.

As protestas continuarán o próximo martes, 21 de maio,  cando volverá a haber unha concentración na porta do colexio. Pola sua banda, o venres, 24 de maio, está prevista outra concentración, neste caso fronte a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense.

O prato forte espérase para o luns, 27 de maio, cando a ANPA convoca unha manifestación que percorrerá as principais ruas da cidade a partir das 17.30 horas.

Ata a data, a Asociación de Nais e Pais do CEIP Irmáns Villar recolleu un total de 2.399 sinaturas para reclamar que os alumnos do centro non queden sen prazas no centro adscrito para o curso 2024-2025.

0.16878080368042