Os “Cafés en Igualdade” volven a Allariz este venres

O Concello de Allariz retoma os “Cafés en Igualdade”, unha iniciativa que volve celebrarse con nova sesión este venres e que pon o foco na reflexión sobre as relacións persoais e o benestar emocional.
Nesta ocasión, a actividade contará coa participación da psicóloga Soraya Rial, que axudará a abordar o concepto “Raíces e ás”, unha proposta que busca entender como construír vínculos baseados no coidado e na liberdade, afastados da dependencia emocional. A idea céntrase, segundo a organización, en reforzar tanto a seguridade persoal como a autonomía.
A sesión terá lugar o venres 24 de abril ás 17:30 horas en Farruco a Fábrica, e forma parte do programa municipal de actividades en materia de igualdade. O Concello lembra que hoxe é o último día para inscribirse, polo que anima ás persoas interesadas a reservar praza chamando ao 988 554 059.