Os ‘Canticontos Silenciosos’ con Getse Valenzuela chegan a Allariz
Allariz acollerá o vindeiro mércores, 20 de novembro, a actividade ‘Canticontos Silenciosos’, con Getse Valenzuela, destinada ao público infantil de entre 3 e 8 anos de idade e que terá lugar a partir das 17.30 horas na Biblioteca Municipal.
Dende o Concello destacan que esta é “unha oportunidade única para desfrutar de contos e experiencias máxicas a través da linguaxe dos xestos e a imaxinación”.
As inscricións están abertas a través do teléfono 988 440 859 ou a través da dirección de correo cultura@allariz.gal.