Os Concello de Ourense requirirá á empresa que xestiona a Praza de Abastos que inicie o traslado dos comerciantes

OurenseXa
Terán un prazo de 3 meses para presentar un proxecto; 2 para subsanar eivas, se as hai, e 6 máis para executalo
praza-de-abastos-ourense
Praza de Abastos número 1 de Ourense
9 Apr 2025

O Concello de Ourense requirirá á empresa que xestiona a Praza de Abastos número 1 da cidade para que inicie o proceso de traslado dos seus puntos de venda, actualmente instalados na Alameda, ao edificio rehabilitado do mercado municipal.

Con esta finalidade, a Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar mañá, xoves, na súa sesión ordinaria desta semana, requirir á mercantil Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos número 1 de Ourense para que nun prazo máximo de 3 meses presente o proxecto de adaptación do espazo interior do edificio reformado para o traslado dos postos de venda para o exercicio da actividade mercantil. O prazo de 3 meses comezará a contar a partires do día seguinte á data de notificación do acordo da Xunta de Goberno.

O proxecto que presenten deberá ser aprobado posteriormente polo Concello. No caso de que presente eivas, deberán subsanarse nun prazo máximo adicional de 2 meses.

Unha vez aprobado polo Concello, o proxecto deberá executarse no prazo máximo de 6 meses, salvo que no propio proxecto se estableza un prazo de execución inferior. Os costes do proxecto serán costeados integramente pola entidade que xestiona a praza, explican dende o Concello.

⚙ Configurar cookies
0.16001009941101