Os concellos ourensáns que forman parte do Camiño de San Rosendo reivindican a súa inclusión como rutas xacobeas

'A Gran Peregrinación' saiu este domingo de distintos concellos ourensáns para reivindicar a súa inclusión na rede de Camiño De Santiago
a-gran-peregrinacion
A Gran Peregrinación
29 abr 2024
Os concellos ourensáns que forman parte do itinerario do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa reivindicaron este domingo a súa candidatura para ser incluídos como rutas xacobeas.
Con este motivo, os concellos de San Cibrao das Viñas, Celanova e a Merca festexaron no día de onte 'A Gran Peregrinación', unha serie de andainas que contaron cunha gran participación veciñal e que remataron no Mosteiro de San Rosendo, en Celanova, onde se leeu un manifesto para reivindicar a súa inclusión na rede de Camiños De Santiago. Dende a Deputación de Ourense destacan o gran impulso que isto supoñería para o turismo e a economía dos municipios polos que discorre.
Ao fin do percorrido foron entregados tamén os premios do do Concurso Escolar "Debuxa o teu Camiño".