Os Coribantes levan a gaita e o baile tradicional á Praza Maior de Cea o vindeiro 14 de agosto

A banda de gaita e baile de Ponte Caldelas actuará ás 20.00 horas dentro do programa Cultura no Camiño, que este verán desenvólvese en preto de noventa concellos das rutas xacobeas
coribantes_cea_2026
10 Aug 2026

A Praza Maior de San Cristovo de Cea acollerá o vindeiro venres, 14 de agosto, ás 20:00 horas, un concerto da banda de gaita e baile Os Coribantes, unha das formacións máis recoñecidas do folclore galego pola combinación de música e danza tradicional sobre o escenario.

O grupo, orixinario de Buchabade, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, xurdiu no ano 2005 e conta na actualidade con preto de cen integrantes, entre os que forman parte da banda e os que se atopan en fase de iniciación. Os seus compoñentes proceden de varios municipios da contorna, como A Lama, Cotobade ou Pontevedra, e unha das súas sinais de identidade é contar, ademais da sección instrumental, cun grupo de baile propio que completa os seus espectáculos.

O concerto en Cea está organizado polo Concello de San Cristovo de Cea, coa colaboración da Xunta de Galicia, e é de entrada libre e gratuíta.

0.13706398010254