Os descontos nos autobuses urbanos de Ourense continúan ata finais de xuño

OurenseXa
O Concello prorrogará os descontos do servizo de autobuses coa Tarxeta Milenio
autobuses-urbanos-ourense-pavillon-dos-remedios
27 Dec 2024

O Concello de Ourense prorroga por 6 meses os descontos actualmente vixentes no servizo de autobuses urbanos.

Con este acordo, desde o 1 de xaneiro até o 30 de xuño de 2025, o prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcentaxe de bonificación do 51,16%).

Os demais abonos non se rebaixan porque xa están bonificados ao 100%. Esta rebaixa dos prezos será cofinanciada polo Concello e o Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, no marco das axudas aprobadas o pasado luns polo goberno español con esta finalidade.

⚙ Configurar cookies
0.63285493850708