Os descontos nos autobuses urbanos de Ourense permanecerán vixentes a finais de 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou a prórroga ata final de ano dos descontos actualmente vixentes no servizo de autobuses urbanos, co-financiados polo Concello e o Ministerio de Transportes. Ademais, desde o día 1 de xullo até o 31 de decembro, os autobuses serán gratuítos para a poboación infantil, até os 14 anos de idade.
Con este acordo, o prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcentaxe de bonificación do 51,16%). Os demais abonos, explican, non se rebaixan porque xa están bonificados ao 100%. Por outra banda, tamén no marco destas axudas, aprobouse a gratuidade do servizo para a poboación infantil, até os 14 anos, desde o día 1 de xullo até o 31 de decembro (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 100%)