Os mellores atletas galegos danse cita en Expourense na XX Copa Galicia de Clubes absoluta en pista curta

OurenseXa
A cidade estará representada polos atletas do Club Ourense Atletismo, que competirán nas categorías masculina e feminina
copa-clubs-atletismo-expourense
11 Jan 2025

A actividade deportiva de Expourense continúa este sábado coa Copa Galicia de Clubs absoluta en pista curta, que celebra este ano a súa vixésima edición.

Os mellores atletas galegos cítanse na capital das Burgas durante toda a xornada deste sábado, 11 de xaneiro. A capital das Burgas estará representada polo Club Ourense Atletismo, que competirá nas categorías masculina e feminina.

Os outros clubs participantes serán, na categoría masculina o Atletismo Narón Atletismo Santiago, R.C. Celta, Atletismo Sada, S. G. Pontevedra, Lucus Caixa Rural Galega, e Marineda Atlético. Pola súa banda, na categoría feminina competirán o Club Atletismo Narón, o Lucus Caixa Rural Galega, o Riazor Coruña, a S. G. Pontevedra, o Club Atletismo Sada, o Ría Ferrol e o Atletismo Feminino Celta.

0.10601592063904