Os membros Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Allariz participaron nunha excursión literaria por terras leonesas

OurenseXa
As persoas participantes percorreron distintos espazos de interese literario e histórico, como Astorga ou León, achegándose a autores como Panero, Antonio Gamoneda, Victoriano Crémer e Francisco de Quevedo
club-lectura-allariz-excursion-leon
2 May 2026

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Allariz realizou a pasada fin de semana unha viaxe cultural a terras leonesas co obxectivo de seguir a pegada de diferentes figuras destacadas da literatura española.

Durante a visita, as persoas participantes percorreron distintos espazos de interese literario e histórico. En Astorga, achegáronse ao contexto da familia Panero, vinculada de maneira relevante ao panorama poético contemporáneo. Xa na cidade de León, o grupo percorreu lugares asociados á obra de autores como Antonio Gamoneda e Victoriano Crémer, figuras fundamentais da poesía leonesa do século XX.

A xornada tamén incluíu unha parada na memoria de Francisco de Quevedo, lembrando o seu cativerio no Hostal de San Marcos, un dos episodios máis coñecidos da súa biografía.

Esta actividade permitiu ao club de lectura combinar cultura, literatura e convivencia, achegándose aos escenarios reais que inspiraron a distintos autores e obras, nunha experiencia de aprendizaxe compartida fóra das aulas e da biblioteca.

0.12695097923279