Os membros de ADO presentan a súa nova equipación deportiva

OurenseXa
Con esta equipación os mozos e mozas da asociación poderán desenrolar os seus obxectivos de saúde psicofísica e socialización
93A627F2-30D9-409C-A112-CFBF3C24A2CD
Membros de ADO visitan o Pazo Provincial
23 Out 2024

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu aos membros da Asociación de Discapacitados de Ourense (ADO) nun encontro no que os rapaces e rapazas quixeron amosarlle ao presidente provincial a súa nova equipación deportiva, conseguida grazas á colaboración da Deputación con esta entidade social.

Con esta equipación os mozos e mozas da asociación poderán desenrolar os obxectivos de saúde psicofísica e socialización, claves para gañar independencia, algo sumamente necesario para os usuarios de ADO, sen esquecer tamén a representación que exercen da asociación e da provincia de Ourense nas diferentes actividades deportivas nas que participan por toda Galicia. Precisamente, neste aspecto, Luis Menor animou aos integrantes de ADO “a seguir representando así de ben á nosa provincia e defendendo de xeito maxistral os valores deportivos que levades sempre por bandeira”.

0.18506503105164