Os museos de Allariz abrirán durante toda a Semana Santa

OurenseXa
O Museo da Moda, o Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro estarán abertos dende este sábado ata o vindeiro domingo 31 de marzo
museo_moda_allariz
Museo da Moda de Allariz
23 mar 2024

Os museos de Allariz abrirán dende este sábado, 23 de marzo, ata o próximo domingo 31 de marzo. Durante toda a Semana Santa, os visitantes poderán disfrutar do Museo da Moda, o Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Ademáis, o xoves 28 dará comezo a "Semana Santa ao Vivo", onde a música ao vivo terá, como é habitual, un protagonismo especial.

Dende o 28 ao 31 de marzo, o casco histórico encherase de ritmo grazas ás actuacións de rúa de Elos, Noite, Eric Lepeich, Denis Carballás, Minguante, Alexandre Cabanelas e Diego Mosquera, Perrito Piloto, Piratas Sen Parche, Sanny, Dama Azul, Os Dous Porquiños e Big South.

Dende o xoves 28  ao domingo 31 tanto veciños e veciñas como as persoas que visiten Allariz poderán gozar destas actuacións en horario de 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 20.00 horas.