Os museos de Allariz estarán pechados ata o 28 de febreiro
OurenseXa
O Museo Galego do Xoguete, o Museo do Coiro e o Museo da Moda retomarán a súa actividade cultural no mes de marzo
Museo da Moda de Allariz
10 Jan 2025
Os tres museos de Allariz, un dos principais atractivos turísticos da vila, estarán pechados entre o 6 de xaneiro e o 28 de xaneiro, tal e como vén de informar o Goberno municipal.
Así, o Museo Galego do Xoguete, o Museo do Coiro e o Museo da Moda pecharán as súas portas durante algo máis dun mes. Os tres centros retomarán en marzo a súa actividade con máis actividades culturais para os visitantes.