Os nenos e nenas da Merca xa poden inscribirse no Campamento de Verán 2024

OurenseXa
O prazo para solicitar a inscrición está aberto ata o 26 de xuño de 2024
campamentos-amencer
Campamentos de Verán
23 Xuño 2024

Os campamentos de verán A Merca Concilia 2024 supoñen unha alternativa de lecer para a rapazada de 3 a 14 anos do municipio da Merca, cunha dobre finalidade: a de permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias, e a de ofrecer un espazo de esparcemento para nenas e nenos en igualdade de oportunidades.

O programa tamén persegue contribuír a diminución das desigualdades sociais e favorecer a integración dos e das menores en risco de exclusión social. Tanto transversalmente como en actividades específicas traballaranse a igualdade de xénero, sinalan desde o Concello. O prazo para solicitar a inscrición está aberto ata o 26 de xuño de 2024.

O campamento de verán do Concello da Merca Concilia 2024 desenvolveranse nas dependencias do CEIP Joaquina Gallego Jorreto, en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, e para facilitar en maior medida a conciliación laboral e familiar, realizaranse 4 quendas diferenciadas, de luns a venres agás festivos, do seguinte xeito:

  • 1ª quenda: do 1 de xullo ao 12 de xullo (10 días hábiles)
    2ª quenda: do 15 de xullo ao 31 de xullo (12 días hábiles)
    3ª quenda: do 1 de agosto ao 16 de agosto (10 días hábiles)
    4ª quenda: do 19 de agosto ao 30 de agosto (10 días hábiles)
0.20022583007812