Os nenos e nenas de Amoeiro aprenden sobre educación viaria

A semana pasada desenvolveuse no pavillón municipal de Amoeiro unha Xornada de Educación Viaria que contou cunha boa participación, unha actividade organizada pola Dirección Xeral de Tráfico e Protección Civil de Amoeiro que tivo como principal obxectivo concienciar aos máis novos sobre a importancia da seguridade viaria e o respecto ás normas de circulación.
Durante a xornada, o alumnado do concello participou en circuítos prácticos e dinámicos nos que puido poñer en práctica os seus coñecementos empregando bicicletas e patinetes. Esta iniciativa permitiu simular situacións reais de tráfico nun contorno seguro, co fin de fomentar hábitos responsables desde a infancia.