Os nenos e nenas de Pereiro de Aguiar poderán gozar esta tarde do contacontos "O Grúfalo e a Natureza"

OurenseXa
A Praza do Concello será escenario dunha actividade familiar gratuíta que combinará narración, imaxinación e educación ambiental
contacontos-o-grufalo-e-a-natureza-pereiro
7 Aug 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar ofrecerá este venres, 7 de agosto, unha nova proposta de lecer dirixida ao público infantil coa celebración do contacontos "O Grúfalo e a Natureza", a cargo de Manuela.

A actividade desenvolverase ás 20.00 horas na Praza do Concello e propoñerá aos máis pequenos unha viaxe ao mundo do coñecido personaxe literario para achegarse á natureza a través dos contos, a imaxinación e o xogo.

A iniciativa está pensada para desfrutar en familia e combina entretemento e aprendizaxe, promovendo valores como o respecto polo medio natural mediante a narración oral.

Con esta actividade, o Concello continúa ampliando a programación cultural e de ocio do verán con propostas destinadas á participación das familias e do público infantil.

0.13425612449646