Os nenos e nenas del Vilamarín quedan sen piscina infantil durante este verán

OurenseXa
Desde o Grupo municipal nacionalista solicitarán explicacións ao Goberno local de porqué motivo foi clausurado o vaso para as crianzas
Piscinas de Vilamarín co vaso adicado ás crianzas ciberto de terra
Piscinas de Vilamarín co vaso adicado ás crianzas cuberto de terra
15 Xul 2024

O Grupo municipal do BNG no Concello de Vilamarín, ven de denunciar o peche da piscina adicada ás crianzas e que recentemente foi baleidada e cuberta con terra.

O Portavoz municipal, Breixo Fernández, lamenta este feito xa que segundo afirma, “foron moitos os pais e as nais que quedaron sorprendidas cando acudiron ao recinto e atoparon a piscina adicada ás nenas e aos nenos cuberta con terra, deixando únicamente a piscina grande como alternativa”.

Fernández entende que “se a piscina tiña algúnha eiva, a solución non é enterrala pois daba servizo ás e aos máis pequenos do concello así como á rapazada que participa nestas datas do campamento de verán”.

No BNG sinalan que “estamos diante dun atranco máis para as familias de Vilamarín que ademais de ver como quedan sen atención pediátrica durante o verán, agora tamén quedan sen un espazo de lecer e esparcemento como é a piscina municipal”.

Desde a formación nacionalista adiantan que rexistrarán iniciativas no Concello co Obxecto de “coñecer os motivos deste peche e en todo caso, para pedir a súa reapertura”.

0.14507913589478