Os ourensáns Xan Somoza e Víctor López participan na concentración da selección española de voleibol praia

OurenseXa
O obxectivo deste encontro é conformar a listaxe final da concentración permanente da selección española sub 18 de volei praia
volei_praia_ou
Os de protistas ourensáns Xan Somoza e Víctor López, son recibidos polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
17 Abr 2024

Os de protistas ourensáns Xan Somoza e Víctor López, están  convocados a unha supervisión para entrar a formar parte da concentración permanente da selección española de volei praia. O obxectivo deste encontro é conformar a listaxe final da concentración permanente da selección española sub 18 de volei praia.

Durante os días 12, 13 e 14 de abril, os dous xogadores do Ourense Volei Praia, estarán concentrados no Centro Internacional de Volei Praia en Lorca, Murcia, para realizar adestramentos baixo a supervisión do seleccionador nacional da súa categoría.

Estes mozos ourensáns son os únicos galegos que forman parte da listaxe exclusiva de 12 xogadores de toda España que foron chamados a participar nesta supervisión.

Esta participación supón un gran logro para estes dous mozos ourensáns e un recoñecemento a todo o traballo que, tanto eles como os seus compañeiros, veñen realizando da man e baixo a guía do Club Ourense Volei Paia, representado polo seu adestrador e tamén presente na recepción, Alez Prada.

Os jogadores, junto co seu entrenador, forno recibidos polo a alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

0.15613412857056