Os populares denuncian o mal funcionamento do servizo de recollida de lixo nos núcleos do rural de Ourense

OurenseXa
“Moitos veciños do rural de Ourense, Santa Cruz, Palmes, Castro de Beiro, Cudeiro, Vilar de Astrés, estiveron cos contedores a rebosar polo lixo acumulado, debido ás continuas avarias dos camións", denuncian
Lixo sen recoller
12 Ago 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que "a incapacidade do alcalde para a renovación do servizo de recollida do lixo, está a provocar malestar entre veciños e traballadores".

“Moitos veciños do rural de Ourense, Santa Cruz, Palmes, Castro de Beiro, Cudeiro, Vilar de Astrés, etc., estiveron cos contedores a rebosar polo lixo acumulado, debido ás continuas avarias dos camións do lixo de carga traseira”, critican os populares.De feito, o grupo popular asegura que puido comprobar que os contedores pasaron ata dez días cheos de lixo nalgúns núcleos como Lugar do Monte, en Vilar de Astres, provocando cheiros e insalubridade que se viu agravado polas altas temperaturas.

“Unha situación provocada pola falta de renovación da concesión da limpeza, algo que o PP leva meses esixindo, e que fai que ademais de ter un peor servizo, cada mes que pasa sin licitar os ourensáns estemos pagando un sobre custe de miles de euros máis do custe real do servizo”, lamentan os concelleiros do PP.

Advirten, ademais, das condicións nas que teñen que prestar o servizo os traballadores da empresa de recollida do lixo, expoñéndose a riscos innecesarios polo malestado da maquinaria. Unha maquinaria obsoleta qu precisa dunha renovación urxente.

Ante esta situación o Partido Popular esixe ao alcalde que licite de forma urxente o servizo de recollida do lixo e non engane máis aos cidadáns, e recordan que xa o alcalde prometera sacar o contrato no ano 2021 e anos despois aínda seguen sen facer nada ao respecto. “Non todo son festas, o máis importante é escoitar aos veciños, algo que dende o PP facemos día a día, e xestionar as súas necesidades”, conclúen os populares.

0.15994095802307