Os populares instan ao alcalde a potenciar a mobilidade sostible na cidade de Ourense

OurenseXa
“O goberno local ten totalmente abandonado o Plan de Mobilidade Urbana Sostible aprobado no 2019 co respaldo histórico de todos os grupos da corporación, polo que esiximos que se actualice e se comece a poñer en funcionamento”, indica a edil, Inma Moreiras
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
31 Jul 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular levará ao vindeiro pleno do mes de agosto unha moción para instar ao alcalde a que adopte todas a medidas necesarias para crear un modelo de mobilidade sostible na cidade de Ourense. “O goberno local ten totalmente abandonado o Plan de Mobilidade Urbana Sostible aprobado no 2019 co respaldo histórico de todos os grupos da corporación, polo que esiximos que se actualice e se comece a poñer en funcionamento”, denuncia a edil Inma Moreiras.

O Partido Popular entende que unha das políticas fundamentais para conseguilo é a redución do uso do vehículo privado nos desprazamentos urbanos e a consecuente redución dos gases de efecto invernadoiro producidos polos mesmos. Por iso, tal e como indica a concelleira, “é fundamental implantar tamén a zona de baixas emisións, unha medida que debía estar xa en activo dende principios de 2023 en todas as poboacións de máis de 50.000 habitantes”.

Doutra banda, para ir un paso máis alá, o Grupo Municipal Popular aposta tamén pola creación de carrís bici e carrís nos que o autobús teña prioridade. “Son medidas que, mediante sinalización en calzada e posta en marcha de mecanismos de calmado de tráfico, poden entrar en funcionamento rápida e economicamente”, indica a popular.

Incrementar o número de frecuencias das rutas de autobuses, crear unha app cos horarios, que realmente funcione, e avanzar na posta en marcha de aparcadoiros disuasorios son outras das medidas que o Partido Popular contempla que axudarían a acadar unha mobilidade sostible.

“Mentres o resto das administracións competentes apostan por un Ourense que garanta a mobilidade sostible, o Concello parece vivir na inacción cando é unha necesidade que esixen os nosos veciños.”, conclúe Inma Moreiras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17958998680115