Os presidentes das deputacións de Ourense e Pontevedra incorpóranse ao padroado da Fundación Galicia Europa

GaliciaXa | OurenseXa
Diego Calvo presidiu este luns a reunión do padroado na que tamén se informou do cambio na presidencia da Deputación de Lugo, que pasa a estar asumida por Carmela López
diego-calvo-fundacion-galicia-europa
15 Jun 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu este luns a reunión do padroado da Fundación Galicia Europa (FGE), na que participaron tamén a conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; e o director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío.

Á sesión asistiron igualmente os presidentes das deputacións de Ourense, Luis Menor, de forma telemática, e de Pontevedra, Luis López, que pasan a integrarse como novos membros do padroado tras aceptar os seus cargos.

Durante a reunión tamén se informou do cambio na presidencia da Deputación de Lugo, que pasa a estar asumida por Carmela López, quedando así reflectida a súa incorporación no órgano da fundación.

A Fundación Galicia Europa é un ente instrumental do sector público autonómico que, desde 1988, funciona como principal ferramenta de participación de Galicia no ámbito europeo. A Lei 10/2021, reguladora da acción exterior de Galicia, establece o seu mandato de “exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado”.

A entidade dispón de dúas sedes, unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, esta última integrada na rede de máis de 200 oficinas de representación rexional na capital comunitaria europea.

Diego Calvo preside a reunión do padroado da Fundación Galicia Europa con novos nomeamentos no órgano

O encontro incorpora os presidentes das deputacións de Ourense e Pontevedra e deixa constancia do cambio na Deputación de Lugo, ademais de repasar o papel da entidade na acción europea de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu este luns a reunión do padroado da Fundación Galicia Europa (FGE), na que participaron tamén a conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; e o director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío.

Á sesión asistiron igualmente os presidentes das deputacións de Ourense, Luis Menor, de forma telemática, e de Pontevedra, Luis López, que pasan a integrarse como novos membros do padroado tras aceptar os seus cargos.

Durante a reunión tamén se informou do cambio na presidencia da Deputación de Lugo, que pasa a estar asumida por Carmela López, quedando así reflectida a súa incorporación no órgano da fundación.

A Fundación Galicia Europa é un ente instrumental do sector público autonómico que, desde 1988, funciona como principal ferramenta de participación de Galicia no ámbito europeo. A Lei 10/2021, reguladora da acción exterior de Galicia, establece o seu mandato de “exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado”.

A entidade dispón de dúas sedes, unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, esta última integrada na rede de máis de 200 oficinas de representación rexional na capital comunitaria europea.

0.12016892433167