Os Reis Magos visitan Barbadás cun percorrido por todo o concello

Os Reis Magos de Oriente visitarán o Concello de Barbadás os días 2 e 3 de xaneiro, nunha celebración chea de maxia e ilusión. Durante o día 2, realizarán un percorrido por diferentes puntos do municipio, mentres que o día 3 participarán no evento “Diverlandia” no Polideportivo Municipal (A Valenzá).
Percorrido do día 2 de xaneiro:
- 16:00: Loiró
- 16:20: Bentraces
- 16:45: Sobrado do Bispo
- 17:10: Pontón
- 17:30: Barbadás
- 17:55: As Lamas
- 18:20: Avda. Celanova, nº 30
- 18:40: Avda. Celanova, nº 82
- 19:10: Fonsillón
- 19:30: Finca Fierro
- 20:00: Parada
- 20:20: Piñor
- 20:40: Santa Uxía
Actividade do día 3 de xaneiro:
De 16:00 a 20:00 horas, os máis pequenos poderán disfrutar de “Diverlandia 7.0”, que terá lugar no Polideportivo Municipal da Valenzá. Durante o evento, poderán entregar as súas cartas aos Reis Magos e participar en actividades lúdicas organizadas pola Concellería de Cultura.
O Concello de Barbadás anima a toda a veciñanza a participar neste evento, que enche de maxia e alegría as rúas do municipio.