Os roteiros temáticos regresan a Allariz este sábado cun percorrido dedicado aos muíños e ás curtidurías

Os roteiros temáticos de Allariz retoman a súa programación este sábado, 18 de xullo, cunha nova proposta centrada nos muíños e nas curtidurías, dous elementos que forman parte do patrimonio histórico e industrial do municipio.
A visita guiada ofrecerá ás persoas participantes a oportunidade de coñecer a importancia que tiveron estas construcións no desenvolvemento de Allariz, así como a súa relación co río e coa evolución económica e social da vila.
O percorrido pretende achegar aos asistentes a historia destes espazos, ao tempo que pon en valor o patrimonio natural e cultural situado nas marxes do río, permitindo descubrir unha parte esencial da identidade do municipio.
O roteiro dará comezo ás 20:00 horas. A organización recomenda realizar reserva previa para garantir a participación. As inscricións poden formalizarse no teléfono 609 474 976 ou a través do correo electrónico turismo@xeitura.com.