Os 'Roteiros temáticos' regresan a Allariz o vindeiro 19 de outubro

Os 'Roteiros temáticos' regresan a Allariz o vindeiro sábado, 19 de outubro, cunha visita que levará aos participantes a coñecer os museos da vila: O Museo do Coiro, o Museo Galego do Xoguete e o Museo da Moda de Allariz.
O roteiro partirá ás 17.00 horas dende a Oficina de Información de Allariz, e fará un percorrido por estes tres lugares de inmenso valor para o concello ourensán.
Este é un dos nove roteiros temáticos que che ofrecemos para coñecer Allariz. Nesta visita, descubriremos os museos de Allariz, explorando a súa historia e cultura de maneira entretida e enriquecedora.
O prezo da visita será de dous euros para aquelas persoas que teñan a tarxeta cidadá, e tres euros para os que non. As inscricións están abertas a través do correo electrónico turismo@xeitura.com ou por teléfono, no 609 474 976.