Os seis detidos na operación Vodka pasan a disposición xudicial

OurenseXa
A Garda Civil da pordesarticulada a rede que suministraba motores e narcolanchas para o tráfico de drogas no Estreito de Xibraltar
operacion_vodka_ourense
A "Operación Vodka" conclúe con seis persoas detidas
19 Apr 2024

A "Operación Vodka" conclúe con seis persoas detidas e outras cinco investigadas tras os rexistros que a Garda Civil ven de realizar en Ourense, Pontevedra e o norte de Portugal. Así o informou a Garda Civil de Ourense nunha rolda de prensa durante a mañá deste venres.

A operación, iniciada este mércores, contou con más de 120 efectivos da Garda  Civil en colaboración coa Axencia Tributaria, e levou a cabo catro rexistros en Ourense, dous en Pontevedra e un en Valença do Miño.

A organización adicábase ao suministro de motores para as narcolanchas que operaban principalmente no Estreito de Xibraltar, que eran utilizadas tanto para o tráfico de drogas como para o transporte ilegal de inmigrantes e ás que se llenarán atribúe a aprehensión de 4.000 quilos de cocaína e outros tantos de hachís. Ademáis, a organización adicábase tamén ao branqueo de capitiais.

No operativo incautáronse uns 30.000 euros en efectivo, así como oito embarcacións e 25 motores de gran cilindrada.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18784713745117