Os socialistas critican a decisión do alcalde de Ourense de reducir horas á Policía Local

OurenseXa
Os grupo municipal socialista considera "grave" o anuncio realizado por Gonzalo Pérez Jácome e sinálao como máximo responsable da situación no corpo
Policia_Local_Ourense
Concello de Ourense
20 sep 2024

A portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González, criticou que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tome “decisións irresponsables” en materia de persoal tras coñecerse o que o executivo local estuda reducir horas extra e mudar os turnos dos e das profesionais da Policía Local. E lamenta que agora anuncie outra “nova decisión unilateral, derivando responsabilidades e sen calibrar o alcance e repercusión das súas decisións”.

“Estamos ante o goberno con menor ética e maior cara dura da historia, capaces de saltarse todas as normas, valerse do seu cargo público para abusar do seu poder e facer o que lles peta”, afirmou a tamén secretaria xeral do partido na cidade.

“Despois das multas que cambian de conductor, os supostos choques de coches de concelleiros destrozando mobiliario público, o estacionamento de vehículos familiares en zonas reservadas a profesionais para irse de vacacións e o uso privativo de vehículos oficiais a coste cero para o seu peto, nin a Jácome nin aos seus edís se lles pode consentir semellante soberbia nin falta de vergoña”, reciminou sobre a decisión do rexedor.

Neste senso, as e os socialistas lembraron que, en 5 anos de mandato, o goberno de Democracia Orensana non foi quen de sacar “unha oferta de emprego público para dotar de efectivos suficientes o corpo da Polícia Local” e que este novo xiro “só responde a súa necesidade urxente de mover o foco e crear outra problemática para non falar dos escándalos, ilegalidades e ineptitudes” nos que se ve envolto.

0.18007898330688