Os socialistas cualifican de “chapuza” as obras levadas a cabo pola Xunta no barrio da Ponte

OurenseXa
“Empregáronse pneumáticos nos alcorques das árbores e céspede artificial, o que implica microplásti-cos, ao carón do edificio sanitario”, sinala a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González
natalia-gonzalez-psoe-ourense
Natalia González
8 Mar 2025

Dende o grupo municipal socialista denuncian a “chapuza escandalosa” que a Xunta de Galicia está a levar a cabo na reforma ao redor do centro de saúde de A Ponte.

“Empregáronse pneumáticos nos alcorques das árbores e céspede artificial, o que implica microplásticos, ao carón do edificio sanitario”, sinala a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González.

Entenden as e os socialistas que as actuacións en materia de Urbanismo por parte da Administración autonómica deberían implicar maior rigor medioambiental no canto de atentar contra a saúde da cidadanía. “E esta non é a primeira vez que se atenta contra este espazo público que xa foi presa de ser convertido nunha glorieta coa construción do pendello da estación de autobuses por parte do executivo galego”, destacou a tamén secretaria xeral do partido na cidade.

Neste senso, reclaman dende o grupo do PSdeG saber “canto custa esta actuación” e responsabilidade e seriedade por parte da Xunta de Galicia “para que se corrixa canto antes”.

⚙ Configurar cookies
0.42193198204041