Os socialistas de Ourense elixen aos delegados e delegadas para o XV Congreso Nacional do PSdeG

OurenseXa
A delegación ourensá estará encabezada por Natalia González, Rafael Rodíguez Villarino e Carmen Rodríguez Dacosta
Asemblea PSdeG de Ourense
Asemblea PSdeG de Ourense
8 Feb 2025

A Comisión Executiva Municipal dos e das socialistas da cidade ratificou a lista de delegados e delegadas que representarán a Ourense no XV Congreso Nacional do PSdeG que terá lugar o 8 e 9 de marzo en Santiago de Compostela. Dita lista, que é cremalleira e se elaborou conxuntamente coa Executiva Provincial nun proceso de colaboración e diálogo, estará encabezada pola secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González Benéitez, e conformada por un total de 28 persoas, 3 das cales son suplentes.

Así as cousas, a delegación ourensá será a seguinte:

  1. Natalia González Benéitez
  2. Rafael Rodríguez Villarino
  3. Carmen Rodríguez Dacosta
  4. Diego Alonso de Abel
  5. María Teresa Ánsias Bacelar
  6. José Ramón Fernández Morgade
  7. Beatriz Dominguez Blanco
  8. Alberto Fernández Martínez
  9. Zaida Rodríguez Camba
  10. Adolfo Pérez Abellás
  11. Edith Filgueira Rodríguez
  12. José Manuel Rego López
  13. Juana Ageitos Gude
  14. Miguel Ángel Rodríguez Ojea
  15. Begoña Suárez Colmenero
  16. Xosé Lois Carrión González
  17. Rosa Martínez Rodríguez
  18. Antonio Blanco Rodríguez
  19. Jesusa Rodríguez Castro
  20. José Ruas Araujo
  21. Marina Tallón Rodríguez
  22. Bienvenido Fernández García
  23. María del Carmen Yáñez Pérez
  24. Juán Antonio Rey Pérez
  25. Olalla Meiriño López

Suplentes:

  1. José Luis Regal Lamelo
  2. Erica Conde Vazquez
  3. Enrique Pérez Pérez

Tamén debateu e votou nunha asemblea a agrupación municipal de Ourense, logo de coñecerse o Relatorio Marco, as emendas presentadas pola militancia ao documento que marcará o camiño a seguir durante os vindeiros anos. Segundo recollen as bases do XV Congreso Nacional, todas aquelas que obtiveran o apoio de polo menos o 30% elevaranse de xeito directo e no caso de Ourense as 82 –de adición, supresión e substitución– propostas foron aprobadas por aclamación. Do mesmo xeito aconteceu coas 15 emendas para realizar modificacións ou aportacións aos Estatutos.

A igualdade e a linguaxe non sexista no relatorio, así como a presenza das mulleres en todos os ámbitos laborais, os protocolos de acoso, os ventres de aluguer ou a conciliación protagonizan algunhas das aportacións presentadas e respaldadas na asemblea. No eido do benestar social, a vivenda, a xuventude, o transporte ou a saúde mental e a cultura tamén se propuxeron aportacións.

O texto marco foi elaborado a partir da participación do tecido social, económico e asociativo e das conclusións obtidas durante os encontros sectoriais de Diálogos con Raíz, que se desenvolveron durante 5 meses, e que o PSdeG organizou para abordar problemas como o reto demográfico, as necesidades do benestar social, a igualdade, as infraestruturas ou os diferentes sectores produtivos de Galicia.

Así e todo, as os socialistas destacan que se conseguiu aunar no documento marco –que continuará o seu debate durante o XV Congreso Nacional– a voz e opinión de expertos en diferentes eidos que participaron nos encontros, mais tamén a da militancia e a sociedade de cada vila e cidade galega.

0.15239596366882