Os socialistas esixen a Jácome que remita o expediente completo do proxecto de orzamentos

OurenseXa
Piden ao goberno municipal que remita o expediente completo do proxecto de orzamentos, cos anexos e informes preceptivos e con anterioridade suficiente á sesión plenaria na que se debaterá a súa aprobación inicial
alba-igleesias-natalia-gonzalez-psoe-ourense
Alba Iglesias e Natalia González
7 May 2025

O Concello de Ourense remitiu este martes unha notificación aos diferentes grupos municipais na que se inclúen catro documentos relacionados co Orzamento municipal: a memoria do proxecto e da modificación das bases de execución, o estado ingresos clasificado por orgánica e o estado de gastos clasificados por programa.

Dende o grupo municipal socialista consideran “unha absoluta falta de respecto” a forma na que o Goberno municipal de Gonzalo Pérez Jácome está a informar sobre o proxecto orzamentario, “sendo estas as clasificacións menos útiles porque son as máis escuetas no que se refire ao destino dos cartos, e as máis complexas á hora de realizar análises comparativos con outros orzamentos”, explican.

“Entendemos claramente que é unha casualidade”, ironiza a concelleira. “Un proxecto de orzamentos debe conter, como mínimo, unha memoria, a liquidación do exercicio anterior e un avance do corrente, o anexo de persoal, o anexo de investimentos e un informe económico financieiro. Iso como mínimo legal” continúan as socialistas.

De todos, denuncia o PSdeG, remiten o primeiro: unha memoria explicativa política, porque o grupo de goberno destina os recursos económicos a unha partida ou outra e que serva de radiografía do seu proxecto político: “Remítesenos unha memoria económica técnica na que se xustifican determinados incrementos e que non aporta información relevante porque sumar e restar, en principio, sabemos todas. O que queremos saber dende o Grupo Municipal Socialista é cal é o proxecto político de Democracia Orensana para a nosa cidade”

Do resto: liquidación, estados de gastos por económica, anexos de persoal ou beneficios fiscais e informes preceptivos… nada se sabe, por non falar ou, máis importante se cadra o anexo de convenio subscritos en materia social “ou incúmprese a legalidade ao obviar no proxecto compromisos adquiridos, ou peor, non teñen pensado suscribir ningún convenio en materia social no presente exercicio”

“Non sei se é un coleccionable e a semana que ven sae o informe xurídico, dende logo quedará para a última entrega o informe de intervención. Queremos pensar que é por descoñecemento e que non existe unha vontade de rirse de nós”

Por todo o anterior, acusan ao alcalde de “mentir” na nota de prensa remitida este luns, e lembran que este tipo de comunicados deberían ser remitidos por Democracia Ourensana “e non dende a canle institucional ao non ser información obxectiva, senón cun marcado carácter partidista”.

Así, lembran que o orzamento non conta “cos informes preceptivos nin o proxecto completo” e que o que está a facer o alcalde é “ganar tempo e exercer presión a funcionarios públicos”. Ademais, din, “o Goberno, tras fracasar nas negociacións cos grupos da oposición, leva quince días sentado co Partido Popular que votará o que se lle indique dende o pazo provincial sen necesidade de coñecer o contido do proxecto. Así, o alcalde Pérez Jácome, non terá ningunha necesidade de formular unha cuestión de confianza nin calquera outro mecanismo de rendemento de contas porque o primeiro, e o único, son as cadeiras”.

⚙ Configurar cookies
0.16437196731567