Os socialistas esixen a Jácome remita a documentación do Ministerio de Facenda sobre a morosidade do Concello

OurenseXa
Dende o PSdeG apuntan á “ausencia de xestión política” e ao feito de que “todos os grandes contratos do Concello permanecen en precario” como causantes desta situación
María Fernández Ojea, grupo municipal socialista de Ourense
10 May 2025

Logo de coñeciamos que o Concello de Ourense aparece na listaxe de Administracións locais de España obrigadas a adherirse ao mecanismo estatal de pago a proveedores, os socialistas denuncian que “nesta listaxe só hai unha trintena de concellos polo elevado índice de morosidade que, por outra banda, levamos denunciando os últimos dous anos de mandato”.

No mes de setembro do ano pasado cando as e os edís do grupo municipal socialista xa pedían, en rolda de prensa, que o Concello de Ourense reducise o Periodo Medio de Pago (PMP) a provedores e saldase parte das súas débedas seguindo o procedemento do mecanismo estatal que habilita crédito para elo se as administracións locais que o precisan.

Neste senso, destaca que reclamaron en reiteradas ocasións que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome establecese un plan de pago a provedores ante a ausencia de orzamento e a gran cantidade de persoas que realizaban algún traballo para o Concello e tardaban meses en cobrar. “O PMP na nosa cidade excede sempre o límite legal establecido nun máximo de 30 días”, destaca sobre uns prazos que algunhas épocas chega a triplicar ese tope, sen ter en conta todas as facturas que aínda están sen tramitar.

Así mesmo, sinala a edil do PSdeG como principais orixes desta problemática a “ausencia de xestión política” e o feito de que “todos os grandes contratos do Concello permanecen en precario” contribuíndo a ralentizar o proceso de tramitación das facturas e a que a Administración non estea a “funcionar con normalidade”.

“Agora ben, o Goberno de España, que si realiza o seu traballo, vai facilitar que polo menos as empresas que se atopen nesa listaxe de facturas que suman máis de 10,5 millóns de euros poidan cobrar no mes de xuño. E dende o grupo municipal socialista pedimos que o executivo local sexa quen de remitir a documentación que o Ministerio de Facenda esixe e responda aos requerimentos do mesmo”, demanda Fernández Ojea.

“Esta é unha boa nova para aqueles acredores que ten o Concello de Ourense que se inclúan na listaxe porque poderán cobrar antes de xuño. E, ademais, liberar esa débeda facilita facer fronte a outras facturas que non se atopen aí recoñecidas”, subliña a socialista.

Remata, por outra banda, esixindo que o executivo de DO deixe de xestionar a base de improvisacións que sumen no caos á terceira urbe de Galicia. “Os que pagan a ineficiencia do rexedor e o seu equipo son os e as veciñas, os e as empresarias que teñen facturas pendentes dende hai máis de 100 días provocando, a súa vez, que a imaxe institucional da Administración se vexa deteriorada”, remata contundente.

⚙ Configurar cookies
0.15813803672791