Os socialistas lograron o compromiso do Pleno para construir un novo aparcadoiro en Vistahermosa

OurenseXa
Piden tamén unha área de xogo infantil e a mellora da accesibilidade en varias rúas do barrio
María Fernández Ojea, grupo municipal socialista de Ourense
María Fernandez Ojea
8 Feb 2025

O PSdeG-PSOE de Ourense sacou adiante no pleno ordinario do mes de febreiro, que tivo lugar este venres, unha moción para que se estude a viabilidade dun novo aparcadoiro, unha área de xogo infantil ou a mellora da accesibilidade en diferentes rúas do barrio de Vistahermosa, logo de manter un encontro recentemente na asociación de veciños e veciñas desta zona da cidade. “O abandono que padecen os barrios e zonas rurais de Ourense nos últimos anos é indiscutible. Nunca estiveron en peores condicións que na actualidade. Quizais se deba a que poñen as súas ansias e os seus esforzos noutros lugares”, recriminou a tamén secretaria xeral do PSdeG na cidade.

“As demandas da veciñanza non requiren un gran gasto para as arcas públicas. E só houbo que poner o foco neste bario, por parte do grupo municipal socialista para que se achegasen a resolver algunhas cuestións que non responden ás necesidades e só son parches. Agradecémosllo, pero non resolve nada para Vistahermosa”, ironizou a voceira na súa intervención ao respecto da actuación do executivo local.

“A súa obriga é traballar para todos e para todas, tanto se viven nun barrio, como nunha zona rural ou na rúa do Paseo. E iso, e os datos están aí, non o fan. Estas semanas foron a podar unha árbore que levaban anos pedindo que podaran porque o Partido Socialista traía esta moción ao pleno. Fai falta máis vontade política e compromiso porque todos os ourensáns e ourensás da cidade pagan os mesmos impostos”, argumentou.

 

0.20315098762512