Os socialistas ourensáns organizan un acto para rendir homenaxe ás vítimas da guerra civil

OurenseXa
O acto terá lugar este luns a partir das 19.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel
psoe-ourense-acto-guerra-civil
Cartel do acto organizado polo PSdeG-PSOE de Ourense para homenaxear ás vítimas da guerra civil
28 Oct 2024

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE, da man da secretaria xeral, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias, homenaxeará ás vítimas da guerra civil e o franquismo este luns, 28 de outubro, cun acto que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A asistencia ao acto será de balde, ata completar aforo, e comezará ás 19.30 horas.

Trátase dunha homenxa que non só recorda ás persoas asasinadas, tamén a aqueles que tiveron que exiliarse ou resultaron presas en cárceres e campos de concentración ou traballo, ademais de abordar distintos aspectos da Lei de Memoria Democrática aprobada hai dous anos nas Cortes Xerais. “Esta normativa fundaméntase no firme convencemento de que o coñecemento do noso pasado recente contribúe a asentar a nosa convivencia sobre bases máis firmes, protexéndonos de repetir os seus erros”, destaca Natalia González.

Pola súa banda, Xosé Lois Carrión engade que a lei “sitúa ás vítimas da guerra e da ditadura franquista no centro da acción pública e das políticas de memoria democrática, que teñen por obxecto dar cumprimento aos principios do dereito internacional dos dereitos humanos de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18455791473389