Os socialistas ourensáns presentan unha iniciativa para crear un Banco Público de Aluguer
O PSdeG de Ourense, xunto ás Xuventudes Socialistas, presentaron este xoves unha iniciativa conxunta co obxectivo de poñer en marcha un Banco Público de Aluguer. Na presentación desta iniciativa estiveron presentes a deputada no Parlamento Carmen R. Dacosta, o secretario de organización dos e das socialistas en Ourense, José Ramón F. Morgade, e as edís no Concello de Ourense e integrantes da Comisión Executiva Municipal, María Fernández e Alba Iglesias, acompañaron ao secretario xeral de XX.SS. de Galicia, Xurxo Doval, e ao seu homónimo na cidade, Miguel Gómez, nunha rolda de prensa na praza do Ferro.
Dende a organización moza subliñaron que se trata dunha medida “pensada para toda a xente, pero sobre todo para os 250.000 mozos e mozas” que non se poden emancipar e destinan “máis do 60% dos seus ingresos ao aluguer”. “Na cidade de Ourense hai máis de 18.000 vivendas baleiras esperando a ser catalogadas pola Xunta como desocupadas, as cales o goberno de Jácome non inspecciona porque lle preocupa máis a Gramola”, lamentaron.
Miguel Gómez, secretario xeral local de Xuventudes Socialistas, explicou que “esta medida revitalizaría o casco histórico da cidade, e facilitaría o acceso á vivenda á xente nova, e non tan nova, no centro da cidade sen ter que buscar fóra dela”.
Pola súa banda, Xurxo Doval, secretario xeral galego, remarcou que o que se persegue é que as persoas non destinen máis do 30% do seu salario, nunha Comunidade Autónoma na que “1 de cada 3 galegos cobra o Salario Mínimo Interprofesional ou menos”.
“Cando hai un problema, propoñemos solucións, e esta é a nosa para as 18.000 vivendas baleiras de Ourense, mentres Concello e Xunta non fan nada, nin lle deixan facer ao Goberno de España”, enfatizou o socialista.
O Banco Público de Aluguer, ou Banco Galego de Vivenda, permitiría frear a suba de prezos que na cidade de Ourense xa se traducen nunha suba do 57% nos últimos 10 anos, segundo explicaron as e os socialistas ante os medios de comunicación. E consiste nun organismo público, da Xunta, que exercería como intermediario entre arrendador e arrendatario.
Entenden dende o PSdeG a as Xuventudes Socialistas que poñelo en funcionamento só require de vontade política e que a cidadanía galega podería alugar un piso en boas condicións e a un prezo xusto, mentres o propietario tería a garantía xurídica e a seguridade do pago da mensualidade por parte da goberno autonómico.
O PSdeG de Ourense, xunto ás Xuventudes Socialistas, presentaron unha iniciativa conxunta co obxectivo de poñer en marcha un Banco Público de Aluguer.
Na presentación desta iniciativa estiveron presentes a deputada no Parlamento Carmen R. Dacosta, o secretario de organización dos e das socialistas en Ourense, José Ramón F. Morgade, e as edís no Concello de Ourense e integrantes da Comisión Executiva Municipal, María Fernández e Alba Iglesias, acompañaron ao secretario xeral de XX.SS. de Galicia, Xurxo Doval, e ao seu homónimo na cidade, Miguel Gómez, nunha rolda de prensa na praza do Ferro.