Os “Trens Turísticos de Galicia” preséntanse en Fitur como unha oferta sostible para coñecer a provincia

O presidente do Inorde e deputado de Turismo, Rosendo Fernández, participa na presentación da nova campaña desta iniciativa posta en marcha no ano 2013 polo Inorde, RENFE e Turismo de Galicia
Rosendo_Fernández_INORDE_FITUR_2024
26 Xan 2024

Os “Trens Turísticos de Galicia” presentáronse hoxe na Feira Internacional de Turismo en Madrid (Fitur) como unha oferta sostible para coñecer a provincia de Ourense a través dos roteiros dos viños das Denominacións de Orixe. O presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández, participou hoxe na caseta de Galicia en IFEMA, na presentación da undécima edición desta iniciativa posta en marcha no ano 2013 polo Inorde, RENFE e Turismo de Galicia.

Na súa intervención, Rosendo Fernández fixo un repaso polos lugares ourensáns que poderán descubrir os viaxeiros a través destes roteiros. Destacou o éxito que cultiva ano tras ano esta proposta turística que “permite aos usuarios coñecer a provincia desde a perspectiva que ofrece o tren, percorrendo enclaves naturais, enogastronómicos, patrimoniais e culturais de referencia e sempre acompañados durante todo o traxecto por un guía especializado”.

Ourense volverá, un ano máis, “a ter un peso importante nesta iniciativa ao pasar 5 dos 14 roteiros ofertadas pola nosa provincia”, sinalou Rosendo Fernández. Esta edición como novidade “propuxemos realizar visitas teatralizadas na aula-Museo do ferrocarril en Vos Peares e na fortaleza de Monterrei, para continuar innovando e facendo máis atractiva a oferta”, anunciou Rosendo Fernández.

Outra das novidades no roteiro do tren que viaxa á D.Ou. Monterrei será a visita ao Ecoespazo do Rexo (Allariz) e á Colexiata de Xunqueira de Ambía, un dos grandes referentes patrimoniais que podemos atopar na Vía da Prata, antes de tomar de novo o tren na Estación de Baños de Molgas e visitar o Museo de Moncho Borrajo.

En canto aos roteiros do Viño polas Denominacións de Orixe: Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras e Ribeiro – Rías Baixas, volverán levar aos viaxeiros para mergullarse na paisaxe, a historia e a maxia que esconden estas contornas. Con visitas a adegas, a lugares de gran interese patrimonial como o Mosteiro de San Pedro de Rocas, o Santuario das Ermidas, o Castro de San Cibrao das ou o Castillo de Monterrei. Tamén están incluídas nas visitas catas de viño, espectáculo de “queimada” ou viaxe a bordo do catamarán polo Sil.

Nesta nova edición ofértanse un total de 14 roteiros con temáticas diferentes para coñecer Galicia e un total de 34 saídas, mantendo o prezo por usuario de 45 euros para adultos e de 20 euros para nenos de entre 3 e 13 anos,

0.19756007194519