Os veciños de A Peroxa quedan sen ADSL
OurenseXa
A partir deste venres, 19 de abril, comeza o apagado da rede de cobre de telefonía, o que supón que os usuarios que teñan ADSL quedarán ser servicio
Os veciños de A Peroxa quedan sen ADSL
19 Apr 2024
Este venres, 19 de abril, comeza o apagado a rede de cobre de telefonía ao longo de toda a península. Un feito que supón que que os usurario que teñan ADSL quedarán sen servizo, entre eles, os veciños de A Peroxa.
Dende o Concello informan que as persoas que non teñan opción de acceso á conexión de banda ancha no seu domicilio ou empresa poderán contratar unha solución alternativa a través da empresa Hispasat.
Os municipios que primeiro quedarán sen esta conexión serán aqueles que operen con Teléfonica, que elixiu o día de hoxe para comezar a transición á fibra óptica como unha forma de celebrar o seu centenario e amosar o seu compromiso co avance tecnolóxico. A partir deste verán, Vodafone e Orange sumaranse tamén a decisión e comezarán o desmantelamento da súa rede de cobre. De esta forma, según os cálculos da CNMC, a rede de ADLS desaparecerá por completo no ano 2025.