Os veciños de Barbadás prepáranse para combater ás velutinas

OurenseXa
Dende o Concello de Barbadás púxose en marcha a principios da primavera un plan de control da vespa velutina para intentar loitar contra esta especie invasora
trampa-velutinas
Niño de velutinas
5 may 2024

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Emerxencias e Protección Civil, encargada da xestión de pragas, puxo en marcha recentemente un plan de control da vespa velutina para intentar loitar contra esta especie invasora que, cada verán, atormento á veciñanza.

Galicia leva xa máis dunha década intentando loitar contra a vespa velutina que, cada ano que pasa, reforza a súa presenza no territorio galego.

Este insecto asiático leva xa causadas 28 mortes na comunidade dende que se detectaron os primeiros niños no ano 2010. Un problema que afecta sobre todo ao rural galego e que está a acabar coas colonias de abellas nos lugares nos que esta especie invasora atópase máis establecida.

Durante o ano pasado, Ourense foi a segunda provincia, só por detrás de Lugo, na que máis avisos se rexistraron sobre a presenza de velutinas.

É por eso que desde o Concello de Barbadás están a levar a cabo un plan de control de esta especie que se leva a cabo en dúas fases.

En primeiro lugar, dende o Concello, aproveitando a primavera, colocáronse un cento de trampas con atraínte para capturar as raíñas que saen da hibernación, evitando así a proliferación de niños secundarios.

Posteriormente, a eliminación de niños terá lugar mediante previo aviso dos particulares aos números de teléfono 012 ou 112. A actuación levarase a cabo mediante o método de eliminación física do niño con spray insecticida e retirada manual, ou ben con escopeta marcadora de nova adquisición, que evitará así o gasto en aluguer de elevadores e minimizará o risco das diferentes intervencións ao non ser preciso realzar traballos en altura.

Dende o Concello explican que este novo sistema de eliminación con escopeta marcadora de aire comprimido permitirá chegar a alturas que sería imposible alcanzar sen grúa e diminuirase o risco de ataque das velutinas: “Serán os membros de Protección Civil de Barbadás os encargados de realizar a eliminación dos niños con moito menos risco para eles ao facerse con este método”.

Tamén explicou Rey que cando un niño sexa neutralizado coa escopeta quedará no mesmo punto, causando alarma entre a poboación, polo que se instalará un cartel informando de que xa se levou a cabo a actuación.

A tenente de alcalde, Victoria Morenza, subliñou a importancia de non manipular as trampas: “Colocaranse as trampas en lugares públicos nos que se detectou a presenza de avespa velutina xunto a un cartel para advertir as veciños e veciñas que non deben manipulalas”.

Charlas de sensibilización

Co fin de concienciar a poboación, o plan de control da avespa velutina inclúe a programación de charlas de sensibilización nas diferentes asociacións veciñais, que se desenvolverán en distintos puntos do concello ata o vindeiro 7 de maio. Neste encontros explicarase aos veciños e veciñas, entre outras medida, como elaborar trampas artesanais para os domicilios.